viernes, 9 de enero de 2009

O Prestixe "esbara" na Alameda de Ordes


A mostra sobre o buque afundido nas costas galegas en novembro de 2002 invita á concienciación medioambiental dos veciños

Promovida pola concellería de Medio Ambiente con material cedido por CEIDA, a exposición poderá visitarse ata o 30 de xaneiro

A concellería de Medio Ambiente ven de promover a exposición “Prestige”, na que se recollen imaxes, maquetas e paneis informativos da catástrofe marítima que afectou ás nosas costas en novembro de 2002. A mostra inaugurouse onte na Alameda, coa presencia do alcalde Manuel Regos, e o tenente de alcalde e edil de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade do Concello de Ordes, Xesús Pedreira.

O interior dun barril de cru, o modelo do interior dun petroleiro monocasco ou maquetas de aves petroleadas, son algúns dos materiais que se poderán contemplar nesta mostra á que desde hoxe están acodindo os centros escolares do municipio. O material da mostra foi cedido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida).

As cifras do Prestixe
Entre 3.000 e 4.000 toneladas de fuel pesado desparramáronse ao mar cando estaba a 28 millas (50 quilómetros) de Fisterra.

2.900 quilómetros de costas, 250.000 aves e 30.000 persoas víronse afectadas polo afundimento do petroleiro 0 13 de novembro de 2002.

200.000 persoas manifestáronse en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 2002 baixo o lema de Nunca Máis.

As frases de Xesús Pedreira
"É importante promover este tipo de mostras para impedir que desastres destas magnitudes se nos poidan esquecer

“Temos que camiñar cara ó emprego dun modelo enerxético máis sostible no que a dependencia do cru non sexa tan alta porque senón os accidentes coma o Prestige seguiranse producindo nas nosas costas ou nas costas de calquera outro país”
"A mostra non se queda só na análise do accidente e das súas consecuencias senón que vai máis aló, xa que plantea os problemas que representa o noso actual modelo de consumo enérxico, que obriga ao transporte deste tipo de combustibles en todo o mundo”

*