sábado, 17 de enero de 2009

Silvia Marín traerá o xoves e venres a un grupo de expertos en discapacidade

.
Contará con representantes de G-Prodis, Xordos de Galicia, ONCE, COGAMI, FADEMGA e FEAFES

A Concellería da Discapacidade de Silvia Marín organiza as xornadas denominadas “A Discapacidade hoxe” coa que pretende informar aos veciños e veciñas do municipio sobre os recursos, axudas e servizos dos que se poden beneficiar os distintos discapacitados e as súas familias hoxendía. Serán unhas xornadas abertas ao público en xeral que terán lugar o xoves 22 e venres 23 de xaneiro no auditorio da Casa da Cultura.

Programa do xoves 22 de xaneiro
18.30 h. Inauguración con alcalde Manuel Regos e a concelleira de Discapacidade, Silvia Marín.

Conferencias de Leopoldo Torrente Varela, xerente de G-Prodis (Grupo de Traballo para a Promoción de Persoas con Discapacidade); Feliciano Sola, presidente da Federación de Xordos de Galicia; e Dolores Venancio, presidenta do Consello Territorial da ONCE en Galicia. 21.30 h. Fin da xornada

Programa do venres 23 de xaneiro
19 h. Intervención do presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.
20 h. Moisés Lamigueiro e José Manuel Fernández Padín, coordinadores respectivamente das áreas de Atención ás Familias e Emprego e Formación de FADEMGA, e Paula Vázquez Mansilla, coordinadora do Servizo de Inserción Laboral de FEAFES-Galicia.

As frases de Silvia Marín
"Trátase dunhas xornadas enmarcadas dentro do obxectivo de colaboración continua do Concello de Ordes cos discapacitados de todo tipo para ofrecer toda a información posible que nos permita ser conscientes da situación destas persoas en Galicia como paso previo a conseguir que todos poidamos ter as mesmas oportunidades de integración na sociedade"

"O Concello de Ordes xa está traballando na eliminación de barreiras arquitectónicas nas principais rúas da vila, o que facilitará a saída á rúa de moitas persoas con algún tipo de discapacidade"

Foto arriba: Anxo Queiruga, presidente de COGAMI.

*