A nosa comarca está considerada como Zona de Alto Interese Agrario
Procúranse terras para ser alugadas a agricultores
O vindeiro xoves 29 de xaneiro, a partir das 17 horas, un camión informativo do Banco de Terras de Galiza (Bantegal) estará situado no Campo da Feira. Proveniente de Guitiriz e Arzúa, o vehículo permanecerá na vila, para ofrecer información sobre o Banco de Terras de Galiza para acto seguido ofrecer unha charla destinada a persoas propietariase agricultores.
Facundo
Todo aquel que se chegue reclamando información será recibido por Facundo, a mascota do Bantegal. Un agricultor xubilado que, segundo Gonzalo Castro, portavoz municipal nacionalista, "se fai preguntas sobre as garantías e beneficios de utilizar este sistema para depositar e alugar fincas". O Banco de Terras de Galiza, informa Castro, "pretende favorecer o aproveitamento da superficie agraria útil actualmente abandonada para brindar a oportunidade de incrementar o tamaño das explotacións que así o necesiten, e favorecer o asentamento de xóvenes no rural que queiran incorporarse á actividade agrogandeira”.
Que é o Banco de Terras?
O chamado BanTeGal é un banco público, creado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, para facilitar o arrendamento de fincas agrícolas entre propietarios e agricultores.
.
Pero en que consiste?
Por unha banda, existe un propietario de terras que non cultiva; e por outro, un agricultor ou empresario interesado en explotalas. O motivo desta situación é a pouca Superficie Agraria Útil coma que conta Galicia, só unha de cada catro hectareas, fronte á media europea que é do dobre.
Pero é obrigatorio cedelas ao Bantegal?
Non, todas as operacións de Banco de Terras son voluntarias. Aínd así cabe lembrar que a Lei de Conservación de Superficie Agraria Útil establece un réxime sancionador para aquelas fincas que polo seu grave estado de abandono poidan producir danos a terceiros. Non é obrigatorio cultivar as fincas, pero si darlle os labores de mantemento necesarios para evitar graves abandonos que poden embocar en incendios e pragas, entre outros, que prexudiquen as persoas en propiedades colindantes. En ningún caso se contempla a expropiación de fincas por estas razóns.
Por cantos anos se poden arrendar as terras?
Establécense períodos máximos de 5 anos, que poderán ser prorrogados se hai consentimento expreso do propietario.
E se o agricultor deixa de pagar?
O Bantegal avalará o arrendamento e fará efectivo periodicamente o pago da renda ao propietario, aínda que o arrendatario deixe de pagar, mentres non se resolva o contrato. Do mesmo xeito, se a finca cada estragada tras a explotación, Bantegal garantirá o rescate das fincas nas mesmas condicións de uso nas que se entregou.
Hai algunha finxa disponible en Ordes?
Si, polo momento existe unha. Bantegal ten disponible unha finca de 152 m2 de uso pasteiro na parroquia de Lesta, a un prezo de 20 euros anuais.
Onde podo enterarme de todo esto con máis detalle?
O xoves 29 de xaneiro ás 17 h. no Campo de Feira de Ordes poderá coñecer con todo detalle as operacións de Bantegal. Tamén na súa web ten toda a información disponible. As súas oficinas centrais están en Santiago de Compostela, estrada Santiago-Noia Km. 1, A Barcia.
.
Tamén o domingo 25 de xaneiro publicaba El Correo Gallego unha entrevista ao sindicalista amiense Francisco Bello Bello, secretario xeral de Xóvenes Agricultores (XX.AA.), asociación estreitamente vinculada co Partido Popular. Tanto é así que varios dos seus membros, como o lugués Manuel López Fernández, responsable provincial del Sector Lácteo de XX.AA., que é concelleiro polo PP na cidade de Lugo, pertencen ao partido de Núñez Feijóo. En Compostela, o asociacionismo deste sindicato cunha determinada facción popular xa fora denunciada por sectores críticos co PP actual, como o médico compostelán Carlos Pillado, para quen XX.AA. "é unha plataforma do Partido Popular que manexa a lista de afiliados de cara a procesos internos".
.
Isto é o que decía Bello nas páxinas do diario compostelán sobre o Banco de Terras de Galiza:
- ¿O Banco de Terras pode axudar a aumentar as dimensións das explotacións?
_ O Banco de Terras non é a solución aos problemas de terra que temos en Galicia.
_ O Banco de Terras non é a solución aos problemas de terra que temos en Galicia.
_ ¿Por que non é solución?
_ Primeiro é un banco sen cartos. Por lei, pasaron ao Banco de Terras todas as masas comúns derivadas dos procesos de concentración parcelaria, terreos que os propietarios cederan para equipamentos sociais da parroquia, que serán moi difíciles de facer agora. Despois, o problema de Galicia non é só de dimensión territorial, é tamén de número de parcelas por explotación. Había 220 procesos de concentración parcelaria, e a maioría están paralizados. Para nós, antes hai que organizar a propiedade para que haxa parcelas de dimensión suficiente e con accesos dignos para a maquinaria. Feito iso, o Banco de Terras debe actuar nas terras abandonadas.
.
- ¿Non hai parcelas abandonadas?
_ Sí, as que non teñen accesos, están feitas unhas brañas e agronomicamente non son viables. Moitas desas terras son as que están no Banco de Terras, e así lle vai. De 8.000 parcelas só fixeron un 10% de transaccións. Moitas delas foron adxudicadas dixitalmente a amigos do BNG, que cortar as árbores que había nelas, algunhas con 40 anos, vendéronas, quedaron cos cartos, e as terras seguen baleiras.
_ Sí, as que non teñen accesos, están feitas unhas brañas e agronomicamente non son viables. Moitas desas terras son as que están no Banco de Terras, e así lle vai. De 8.000 parcelas só fixeron un 10% de transaccións. Moitas delas foron adxudicadas dixitalmente a amigos do BNG, que cortar as árbores que había nelas, algunhas con 40 anos, vendéronas, quedaron cos cartos, e as terras seguen baleiras.
.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG"No seu primeiro ano de funcionamento, o Bantegal incorporou 7.000 fincas ao seu rexistro, das que 830 xa están cedidas ou en trámite de cesión para o seu aproveitamento agrario"
"É unha satisfación que a Consellería do Medio Rural teña considerado á comarca de Ordes como unha Zona de Especial Interese Agrario"
"O Bantegal constitue un instrumento que permitirá dinamizar a base territorial das explotacións agrogandeiras da comarca de Ordes, contribuindo decisivamente ao seu dimensionamento e viabilidade"
Foto arriba: Cándida Grande, ex xerente de Bantegal
*