viernes, 2 de enero de 2009

O Concello inicia a serie de charlas sobre saúde, "Venres Saudables"

.
A primeira delas terá lugar este venres ás 20.30 h. na Casa da Cultura, sobre doazón de órganos

O Concello vai poñer en marcha ao longo deste ano 2009 unha nova iniciativa, denominada “Venres Saudables”, coa que pretende achegar aos veciños e veciñas todos aqueles temas relacionados co coidado da súa saúde. A concellería de Sanidade dirixida por Xesús Pedreira, xa ten preparado un intenso programa de conferencias que inclúen temas como o autismo, a diabetes, a hipertensión ou os coidados a persoas con deficiencias mentais.

Este venres ás 20.30 h., charla sobre doazón de órganos
A primeira xornada dos “Venres saudables” terá lugar o venres 9 de xaneiro, ás 20:30 horas. A Casa da Cultura de Ordes acollerá unha charla-coloquio titulada “Hábitos saudables e doazón de órganos”, na que participarán Cristina Nieto, nutricionista; Jesús Pascual, presidente de Agedo (Asociación Gallega de Enfermos por la Donación de Órganos); e José Ramón Seijas, vicepresidente de Agedo.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Con estas charlas e coloquios queremos dar información, e mesmo formación, a todos os que acudan á xornada, buscando sempre dar consellos prácticos que podan ser seguidos polos participantes"

"Estamos abertos ás suxerencias que nos fagan todos os asistentes a estas charlas xa que o noso interese é que nestes Venres Saudables se traten todos aqueles temas que preocupen aos nosos veciños e poidamos ofrecerlles así unha información de calidade e útil


*