As gaitas dos Viqueiras soarán o vindeiro venres no Bar Zapateiro de Senra
Manuel Viqueira invítanos a todos a asistir a esta gran festa gaiteirada
A Asociación Grupo de Gaitas 'Os Viqueiras de Ordes' está a organizar, desde xuño do ano pasado, unha cita mensual polos concellos da comarca de Ordes. As chamadas 'Noites da Tasca' trátase "dunha iniciativa propia para impulsar e manter viva a música tradicional galega e animar a tódala xente que queira participar ben tocando -poden levar os seus propios instrumentos-, ben bailando, cantando ou contando historias". Coma di o propio Manuel Viqueira, "tal e como se facía nas tascas hai moitos anos".
O venres 30 ás 21 horas no Bar Zapateiro de Senra (Oroso)
O próximo venres 30, coa colaboración do concello de Oroso e a Agrupación Folclórica Buxos Verdes, celebrarase a 8ª edición no Bar Zapateiro, en Senra (Oroso) a partires das 21 h. Comezará co son da gaita do veterán gaiteiro de Melide, Henrique Carregal, seguirán animando o ambiente os compoñentes de Buxos Verdes, "e todos os que vos animedes a vir", rematan contándonos Os Viqueiras.
Podes coñecer e mercar a música de Os Viqueiras de Ordes na súa propia páxina web premando aquí.
*