Será este mércores 21 ás 18 horas na frecuencia 107.3 FM
Xa está confirmada a presenza de Regos, Martino, Castro e Enrique Viqueira
O xornalista Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes (107.3 FM) convidará este mércores a un debate ao alcalde Manuel Regos, ao portavoz popular, Teodosio Martino e ao nacionalista Gonzalo Castro baixo o tema "O tecido industrial en Ordes. Presente e futuro". Pero non estarán só os políticos diante dos micros, senón que Radio Ordes contará coa presenza do vicepresidente dos empresarios do polígono industrial de Ordes, Enrique Viqueira, e da empresaria textil local Isabel Tacón. "Aínda que este último nome está todavía por confirmar", como nos asegurou Quinteiro a preguntas de Ordessiete.
"Cita co alcalde"
Este debate será un dos que cada mércores planea ofrecer ao oíntes a emisora municipal. "Xa tivemos o debate sobre o sector lácteo, sobre a movida nocturna, e agora tócalle o turno á industria", asegurou Quinteiro. Ademáis, a emisora programa para datas inmediatas "unha cita co alcalde na que os veciños e veciñas poderán trasladarlle as cuestións, inquedanzas, queixas ou comentarios que máis lles preocupen". Os oíntes deberán trasladar á redacción da emisora as súas cuestións "para que sexa o alcalde quen persoalmente as conteste diante dos micros".
Estaremos pendentes do debate o mércores 21 ás 18 h. no 107.3 FM...
Foto: Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes.
*