Dirixido a cantantes de tódalas idades, divididos en 5 categorías, que se repartirán 5.100 euros en premios
O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 6 de febreiro
O Concello de Ordes vén de convocar a segunda edición do Certame de Novos Intérpretes “Concello de Ordes 2009”. Un certame, herdeiro do anterior Festival da Canción de Ordes, que está dividido en cinco categorías que se repartirán 5.100 euros en premios, e no que o prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de febreiro.
O certame desenvolverase en varias eliminatorias e unha gran final, cuias datas de celebración se establecerán en febreiro. Na primeira edición participaron un cento de cantantes chegados de toda Galicia, un gran éxito de participación que dende a organización agardan repetir este ano.
Que teño que facer para poder participar?
O certame está aberto a persoas de todas as idades, que deberán inscribirse antes do vindeiro 6 de febreiro ben persoalmente nas oficinas da Casa Consistorial de Ordes, en horario de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao teléfono 981 68 00 02 ou a través do e-mail: certamedenovosinterpretes@concellodeordes.com.
Que teño que aportar?
Os teus datos persoais (nome, apelidos, DNI, domicilio, teléfono e e-mail), así como unha serie de datos relacionados co seu currículum musical (formación, experiencia, participación noutros festivais...) para determinar a categoría na que participarán.
Que premios e categorías haberá?
O Concello estableceu cinco categorías neste certame que se repartirán 5.100 euros en premios.
1. Pequenos intérpretes. Poderán participar nenos e nenas de ata 12 anos, ben como solistas, coma dúo ou mesmo coma trío. Como excepción, e para evita-la rivalidade entre os pequenos, o Concello estableceu tres premios, de 150 euros cada un, nos que o xurado terá liberdade para valorar os criterios que consideren máis axeitados para cada galardón (orixinalidade, simpatía, etc).
2. Xóvenes intérpretes. Dirixida a xóvenes entre 13 e 17 anos de idade, que tamén poderán participar como solistas, dúo ou trío. Os xóvenes repartiranse tres premios de 500, 300 e 150 euros, respectivamente.

3. Intérpretes noveles. Poderán participar persoas maiores de 18 anos que non estén vinculados profesionalmente coa música, non se clasificaran dentro dos 3 primeiros postos noutros festivais e que carezan de amplos coñecementos musicais. Os participantes repartiranse tres premios de 600, 400 e 200 euros, respectivamente.
4. Intérpretes profesionais. Dirixida a maiores de 18 anos que xa teñan algo de rodaxe no mundo da música. Para eles está establecido un primeiro premio de 800 euros, un segundo premio de 500 euros e un terceiro posto de 300 euros.
Finalmente, para promove-la música galega, o Concello de Ordes estableceu un “Premio á Interpretación Galega”, no que poderán participar todos os que desexen cantar un tema en galego sen límite de idade ou profesionalidade. Establécense para esta categoría tres premios de 300 euros cada un.

As frases de José Luis Gómez Candal, concelleiro de Turismo de Ordes
"Trátase dunha iniciativa que busca darlle unha oportunidade aos novos intérpretes e promocionar a música galega”
"Dende o Concello de Ordes animamos a todos os interesados a participar independentemente de saber cantar moi ben ou non, de ter experiencia ou ser a primeira vez que se suben a un escenario, de saber música ou non saber ler unha nota porque non importa ser bo ou menos bo, só importa intentalo”
*