sábado, 31 de enero de 2009

Os escolares do Mesón do Vento coñeceron a biblioteca municipal


Grazas á colaboración das concellerías de Educación, Cultura e Medio Ambiente de Ordes

Un total de 88 escolares do CEIP do Mesón do Vento visitaron por primeira vez as instalacións da biblioteca municipal ordense e do Concello de Ordes, onde foron recibidos polo alcalde, Manuel Regos. Trátase dunhas visitas que organiza dende hai xa máis de 15 anos a biblioteca municipal ordense e que este ano, grazas á colaboración das concellerías de Educación, Cultura e Medio Ambiente, incluíu tamén unha serie de actividades paralelas.

Que horario ten a biblioteca municipal?
As instalacións permanecen abertas ininterrumpidamente dende as 8:30 ata as 20:30 horas, de luns a venres; e de 10 h. a 14 h. horas os sábados.
*