O Concello de Ordes anima a tódolos veciños da vila a que depositen o aceite doméstico usado nos distintos contedores de recollida deste residuo de que dispón o municipio, e que esta semana se amplía con un máis que está ubicado na praza da Igrexa no Mesón do Vento.
Dende que o pasado mes de novembro de 2008 se puxera en marcha a campaña de sensibilización de reciclado de aceite usado de cociña, Tirar aceite polo fregadeiro contamina, o Concelllo leva xestionado máis de 5.000 litros deste residuo evitando así por cada un destes litros xestionados, contaminar 1000 litros de auga dos nosos ríos.
Contedor de reciclaxe de aceite na Ada. Alfonso Senra. |
Numerosos beneficios ambientais
Son xa varias as campañas de sensibilización levadas a cabo nas que se dan a coñecer os beneficios ambientais que a reciclaxe deste residuo supón xa que, segundo o Concello de Ordes, con cada litro de aceite usado xestionado evitamos lanzar 1.32 kilos de dióxido de carbono á atmósfera e impedimos que se contaminen, aproximadamente, 1.000 litros de auga. Coa colocación deste novo contenedor, son xa oito os contenedores que o Concello de Ordes ten instalado no municipio para este fin. Concretamente o resto de contenedores están ubicados, un na rúa do Recreo á altura do número 34, outro na rúa da Feira (ao lado da Escola de Música), outro na rúa Pascual Veiga nº1, outro na rúa do Muíño, outro na rúa Nova á altura do número 36, e outros dous na Avenida de Alfonso Senra.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"A política ambiental levada a cabo por esta concellería insiste unha vez máis na necesidade de concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe deste residuo polos beneficios que conleva, non só ambientais, senón que tamén para evitar os problemas que acarrea desfacerse deste residuo polas cañerías, xa que provoca a súa obstrucción ao solidificarse e, en consecuencia, graves molestias para calquera domicilio ou comunidade de veciños. Así mesmo, se os aceites alcanzan as alcantarillas acumúlanse nas esquinas e favorecen a proliferación de colonias de roedores e, incluso, se se mesturan coa auga poden chegar a disminuir a súa calidade. En definitiva, é un xesto co que gañamos todos"
*