miércoles, 6 de octubre de 2010

A Asociación de Amas de Casa e Consumidores celebra os seus 25 anos de existencia

Teñen programados unha misa, banda de música, comida e baile para o domingo 17 de outubro 

A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes ten previsto celebrar o próximo domingo 17 de outubro o seu 25 Aniversario cunha serie de actos programados. Así, ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial de Santa María de Ordes para a continuación dar paso á actuación da Banda de Música Amigos de Ordes no Pazo Bidueiro, lugar no que a partir das 15:00 horas celebrarase a comida de confraternización e un baile.

As invitacións para poder asistir a estes actos conmemorativos poderanse adquirir na Mercería Evi antes do día 10 de outubro e o prezo por persoa será de 40 euros.

*