A parroquia de Santa María de Ordes acolleu unha solemne misa na honra da Virxe do Pilar, patrona da Garda Civil

O motivo do encontro era participar na solemne misa na honra da Virxe do Pilar, patrona da Garda Civil. Ata o templo ordense desprazáronse un nutrido grupo deste corpo de seguridade pública xunto con outros membros da policía local.