Co fin de facilitar a Inspección Técnica de Vehículos agrícolas no Concello de Ordes, a unidade móbil prestará servizo no polígono industrial de Ordes e no Campo da Feira de Mesón do Vento. En Mesón do Vento o calendario de inspección será o seguinte, os días 14, 15 e 18 de outubro, de 09:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 18:00 horas. No polígono prestará servizo os días 19, 20 e 21 de outubro de 09:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 18:00 horas, e o día 22 só en horario de mañá de 9 a 13:30 horas.
Asignarase día e hora de atención ao público, directamente na unidade móbil dende o primeiro día de chegada a Ordes e Mesón do Vento ou chamando ao 881 920978.
Inspección de ciclomotores
Por outra banda tamén prestará servizo no municipio a unidade móbil da Inspección Técnica de ciclomotores de dúas rodas de máis de 3 anos de antigüidade. O día no que se atenderá aos usuarios será o 14 de outubro de 09:00 a 13:30 e de 15:30 a 18 horas na nave de gando do Campo da Feira de Mesón do Vento.
Neste caso tamén se asignará día e hora de atención ao público, directamente na unidade móbil dende o primeiro día de chegada a Ordes.
*