Ubicarán unha mesa informativa no centro de saúde
A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Ordes, terá lugar o 19 de outubro
A Asociación Española contra o Cancro, coa colaboración da concellería de Sanidade do Concello de Ordes, levará a cabo o vindeiro martes día 19 de outubro unha actuación informativa.
A importancia da prevenciónAsí, con motivo da conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama, colocarán unha mesa informativa no centro de saúde de Ordes. A mesa, na que se poderá recoller información acerca deste tipo de cancro, permanecerá no centro de 10:00 a 13:00 horas.
Desta maneira, dende a xunta local da Asociación Española contra o Cancro e o Concello, esperan poder contribuir á concienciación dos veciños e veciñas do municipio acerca desta dolencia, dando as directrices básicas sobre como detectala e poder previla na medida do posible.
Podes coñecer o modo no que se crea un tumor ou cáncer na mama a través deste vídeo:
Podes atopar máis información desta enfermidade nesta páxina do National Cancer Institute, de Estados Unidos.
*