Está previsto que as clases teñan lugar do 2 ao 9 de novembro e o prazo de inscrición xa está aberto
O Concello de Ordes organiza un curso que leva por título Mobilización de Pacientes e Prevención de Lesións. Trátase dun curso no que se prestará especial atención aos principais riscos posturais e ergonómicos aos que están expostos os coidadores que se encargan da mobilización de enfermos ou persoas con dificultades motoras, así como nos consellos preventivos que axudarán a evitar os trastornos músculo-esqueléticos ligados á mesma.
O prazo de inscripción xa está aberto e rematará no momento que se cubran as 20 prazas que se ofertan. As inscricións deberán realizarse no departamento de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade do Concello de Ordes.
O curso é gratuíto e daráselle prioridade ás persoas que teñan ó seu coidado algún familiar con limitacións de mobilidade e que sexan de Ordes. Está previsto que o curso dea comenzo o día 2 de novembro e se prolongue ata o día 9 do mesmo mes de 16.00 a 19.30 h no Centro Comarcal de Ordes.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Este curso ten como finalidade chegar a adquirir unha serie de coñecementos necesarios para a correcta intervención ante pacientes que requiren coidados específicos para unha patoloxía determinada, tendo en conta as súas limitacións e atencións especiais por parte das persoas encargadas da súa atención, e a prevención de lesións tanto no afectado, como no responsable do seu coidado”.
*