Ofértanse clases de ximnasia, talleres de memoria, manualidades e teatro
O Concello de Ordes oferta un ano máis, un amplo programa de actividades que estarán dirixidas aos maiores do municipio para este curso 2010- 2011.
Concretamente, dende o departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade, ofertaranse nesta ocasión diferentes actividades como ximnasia, talleres de memoria, manualidades e teatro, coas que esperan dar unha alternativa de lecer aos maiores ordenses, así como que á súa vez poidan desenvolver as súas habilidades en diferentes modalidades.
Prazo ata o 8 de outubro
O prazo para inscribirse nestas actividades estará aberto ata o próximo día 8 de outubro debendo realizarse nos Servizos Sociais Comunitarios, no departamento de Terceira Idade do Concello de Ordes en horario de luns a venres de 9 a 13 horas.
O listado final de actividades e horarios elaborarase en función do número de persoas anotadas. As actividades terán un custo de 31,35 euros por actividade.
*