viernes, 1 de octubre de 2010

Gonzalo Castro será o pregoeiro das festas do Piñeiro

O nacionalista considerou unha honra participar activamente nas festas dun dos barrios máis populosos de Ordes

Será este sábado 2 de outubro ás 14:15 h.


O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, será o encargado de leer o pregón co que se dará inicio ás festas do popular barrio ordense do Piñeiro. O acto de lectura do pregón terá lugar este sábado 2 de outubro, ás 14:15 horas, no palco instalado para as actuacións musicais que terán lugar esta fin de semana no Piñeiro.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes 
“É unha verdadeira honra exercer de pregoeiro nestas festas e agradezo enormemente aos organizadores que tivesen contado conmigo para este acto”

"É un orgullo e unha satisfacción poder ter a oportunidade de participar activamente nas festas do Piñeiro, un lugar ao que me unen fortes vínculos persoais e polo que sempre tiven un afecto moi especial

"Animo a todos e todas os ordenses a participar das festas do Piñeiro xa que resulta de grande importancia recuperar as festas que se celebraban tradicionalmente en distintas zonas e barrios da vila de Ordes”.


*