Deron comezo as obras da segunda fase da ronda leste
Manuel Regos espera que as obras poidan estar rematadas no mes de marzo
As obras da segunda fase da coñecida como Rolda Leste de Ordes deron xa comenzo no municipio . Unhas obras que se iniciaron na zona de Buscás, e que consisten na construción dun vial que enlazará a AC-524 (Ordes- Lanzá) co polígono industrial de Ordes, e que se encontran incluídas dentro dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta e o Concello de Ordes.
Tal e como explicaron dende o grupo de goberno, o novo trazado, que ten unha lonxitude total dun pouco máis de dous kilómetros, transcurre íntegramente polo Concello de Ordes. O novo vial terá calzada única con dous carrís de 3 metros de ancho cada un, un para cada sentido da circulación. O orzamento total das obras desta segunda fase é de 1,3 millóns de euros aproximadamente, que asumirá a Xunta de Galicia a través do convenio asinado co Concello de Ordes.
Adeus aos camións pesados
O alcalde Manuel Regos explicou que con este vial preténdese garantizar o desvío do tráfico pesado do centro do municipio, fundamentalmente aqueles transportes con destino a Sogama, xa que na actualidade para acceder ao polígono teñen que pasar polo núcleo de Ordes coas consecuentes molestias que isto acarrea para os veciños e veciñas. Ademais, con este vial de enlace tamén se facilitará a conexión coa AP-9.
Así, cando se dean por finalizadas estas obras, sumaranse ás da primeira fase, inauguradas o pasado 11 de agosto e xa en funcionamento, que consistiron na construción do vial de enlace entre a N-550 e a AC-524. Un vial de, aproximadamente, 730 metros de lonxitude, que conta cunha calzada de tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peonil, converténdose nunha gran avenida dentro do núcleo de Ordes, tal e como explicaron dende o goberno local.
*