As inscricións poden realizarse no departamento de Emprego municipal situado no 2º andar da Casa do Concello
O Concello de Ordes está a preparar a celebración dun curso sobre cooperativismo que terá lugar entre os días 18 e 22 de outubro no municipio.
Con este curso preténdese dar aos participantes as nocións básicas sobre a creación das cooperativas e o seu funcionamento, contando ademais o último día do curso cunha visita a unha cooperativa da zona para comprobar de primeira man o seu funcionamento.
Inscricións no departamento de Emprego do Concello
O prazo de inscrición para poder participar está xa aberto debendo realizarse as inscricións no departamento de Emprego do Concello de Ordes, onde tamén se poderá recibir máis información. O número de prazas será limitado e os destinatarios ao que vai dirixido serán desempregados e interesados en xeral no tema.
As clases terán lugar do 18 ao 22 de outubro na aula do segundo andar da Casa da Cultura de Ordes en horario de 16 a 20 horas e estarán impartidas por un experto na constitución e os trámites necesarios para a creación de cooperativas.
Cantas cooperativas temos en Ordes?
No concello de Ordes existen a día de hoxe, oito sociedades cooperativas galegas en funcionamento. Agraria Comarcal de Ordes (producción agraria e gandeira) ; Cibegama (confección e textil); Cosurona (confección e textil); Lumae (confección e textil); Oriber (producción agraria e gandeira); Orpa (producción agraria); Os Pequeniños (producción agraria e gandeira); e Santa María de Barbeiros (producción agraria e gandeira). No total da comarca de Ordes existen 36 cooperativas.
A través deste enlace á páxina de Cooperativismo e Economía Social da Xunta de Galicia podes coñecer en profundidade este modelo de asociacionismo económico. Tamén podes consultar a páxina do Consello Galego de Cooperativas.
Foto: Imaxe aérea da Sociedade Cooperativa Feiraco ubicada no concello de Ames (A Coruña).
*