'Sorrisos' podería ter que abandoar a xestión deste servizo público se a inspección e o pleno da corporación determinan un incumplimento no contrato administrativo
Gonzalo Castro anunciou esta tarde que o BNG proporá o rescate da concesión da Escola Infantil ‘Sorrisos’ nunha moción que se debatirá no pleno da corporación municipal do vindeiro martes. Os nacionalistas defenderán, por tanto, que sexa o Concello quen volva a asumir a xestión dun servizo que foi privatizado a comezos deste ano.
Gonzalo Castro referiuse ás continuas queixas dos pais e nais pola baixa calidade da comida que se sirve aos cativos na Escola manifestando que “desde o BNG xa advertimos do deterioro na prestación do servizo que se provocaría coa privatización da Escola Infantil, e opuxemonos firmemente a ela, mais o alcalde, co apoio do PP, sacouna adiante co argumento de que o Concello non podía asumir o custo da prestación dese servizo".
O portavoz nacionalista criticou “que o alcalde e o PP apoiasen a privatización dun servizo público esencial, como é a escola infantil, co argumento de que as arcas municipais non podían asumir o seu custo de 90.000 euros anuais, mentres se está destragando máis de tres millóns de euros de diñeiro público en obras faraónicas e non prioritarias como a ampliación da Alameda e da Casa Consistorial, ou se lle paga o cuartel á Garda Civil, cun investimento de máis de dous millóns de euros”.
Castro acusou ao alcalde e ao PP de “hipocresia política”, e emprazounos a “rectificar e apoiar o rescate da concesión da garderia municipal, para que sexa o Concello quen volva asumir a súa xestión e poder garantir un servizo público e de calidade para os nosos veciños”.
Que é un rescate dunha concesión?
É unha forma de resolución de contratos coas Administracións públicas, neste caso a través da resolución do contrato de xestión de servizos públicos firmado no seu día entre unha Administración -Concello de Ordes- e unha empresa xestora de servizos públicos -Escola Infantil Sorrisos-, mediante a cal e previa inspección se conclúe con que unha serie de deficiencias na xestión son motivo de resolución contractual. Esto suporía que a Administración pública poidera ter que 'rescatar' a xestión do servizo, previa indemnización á empresa das inversións, obras e instalacións que executadas pola concesionaria, foran a pasar de novo á Administración.