Luis Gómez Candal: "Tanto os veciños como hosteleiros manifestáronnos a súa satisfacción co desenvolvemento das festas”
Candal: "Entendemos que o BNG teña que facer oposición pero deberon poñerse nerviosos polo éxito"
O Concello non pode estar máis satisfeito coa resposta da cidadanía tralo remate das festas promovidas durante este mes de agosto, especialmente das Festas Patronais, que tiveron lugar como de costume entre o 14 e o 17 de agosto.Ante este recoñecemento obtido polos ordenses, o concelleiro de Festas, Luis Gómez Candal non entende ás declaracións do nacionalista ordense, Ramiro Recouso, que cualificou como “saída de tono”. “Entendemos que teñan que facer oposición pero deberon poñerse nerviosos polo éxito das festas para facer ese tipo de comentarios que non teñen nada que ver coa realidade”.
O concelleiro lembrou tamén que as Festas Patronais tiveron a mesma duración que sempre, apostando pola calidade do cartel, como se ven facendo noutros anos.
As frases de Luis Gómez Candal, concelleiro de Festas de Ordes
"Tanto os veciños como hosteleiros manifestáronnos a súa satisfacción co desenvolvemento das festas nas que contamos coas mellores orquestras de Galicia”
"Se remitiron [as cartas] como todos os anos, ao remate das festas, invitanto á xente a que colabore connosco, nada máis, nin teñen obriga nin hai cuota, cada quen pode colaborar ou non, según o decida”.
*