viernes, 21 de agosto de 2009

Mañá rematan as festas co concerto de Budiño na Alameda

Mañá sábado, 22 de agosto a partires das 22.30 h

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño actuará mañá sábado 22 de agosto, a partir das 22.30 horas, na Alameda. Un concerto gratuito, froito dun acordo de colaboración asinado entre o Concello de Ordes e Caixanova, que porá o punto e final a máis dun mes ininterrumpido de festas no municipio.

Budiño presentará en Ordes o seu novo traballo, “Home”, coincidindo coa celebración do séptimo aniversario do seu primeiro traballo. “Hom”, o seu traballo máis experimental, é un disco cheo de vitalidade onde as melodías nacen da experiencia e da influenza das viaxes do artista na xira que o levou durante un ano enteiro por diferentes lugares do mundo (Bos Aires, México, Dublín, Milán, Líbano, Siria, Marrocos...).

Poder ver unha actuación de Budiño sobre as cubertas da Catedral de Santiago:




*