miércoles, 26 de agosto de 2009

O Concello garante a continuidade na retirada dos resíduos voluminosos

.
A partir do 1 de setembro deixarán de entregarse a Sogama en cumprimento da normativa europea, estatal e autonómica

A empresa concesionaria da recollida destes residuos determinará un novo xestor autorizado para o seu tratamento


Pedreira: "O que desde logo garantimos é que este tipo de residuos vaise seguir recollendo como ata o de agora, o único que cambiará será o xestor autorizado que se encargue delo”

Desde o Concello de Ordes, o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, reclamou do voceiro nacionalista, Gonzalo Castro, un exercicio de responsabilidade en relación ás súas declaracións sobre a recollida de voluminosos por parte de Sogama.

A situación da recollida dos voluminosos en Ordes, explicou Pedreira, non é diferente da do resto dos Concellos, polo que “agardamos que as negociacións que mantén a Fegamp coa Xunta de Galicia fructifiquen e academos un acordo para que os costes derivados da xestión tanto dos voluminosos como do resto dos resíduos repercutan o menos posible nas arcas municipais”.

Ata o de agora, moitos concellos viñan entregando este tipo de residuos a Sogama, que os eliminaba no vertedoiro situado en Areosa, Cerceda. Sen embargo a nova normativa establece que esta práctica non é ambientalmente axeitada, nin legalmente asumible, razón pola que Sogama deixará de admitir este tipo residuos a partir do día 1 de setembro. O edil de Medio Ambiente lembrou que outras plantas como a situada en Cerceda teñen como misión precisamente dar unha resposta axeitada ó tratamento deste tipo de residuos.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“É absurdo e irresponsable afirmar que o cese da recollida de volumisos é unha decisión unilateral de Sogama pois o único que fixo foi anunciar o que está obrigada a facer para dar cumprimento á normativa ambiental en vigor”

“Desde xuño temos coñecemento no Concello de Ordes de que Sogama deixará de recoller este tipo de residuos pero, como eles mesmos nos indicaron, esta situación prodúcese en cumprimento da normativa europea, estatal e autonómica vixente sobre a materia”

“A Autorización Ambiental Integrada (AAI) outorgada a Sogama o 30 de abril de 2008 non lle permite xestionar estes residuos, igual que a Lei de Residuos de Galicia, polo que pedirlle a Sogama que nolos siga recollendo sería violar a lei

“O que desde logo garantimos é que este tipo de residuos vaise seguir recollendo como ata o de agora, o único que cambiará será o xestor autorizado que se encargue delo”

“O único que pedimos é o maior apoio institucional posible por parte da Xunta para asumir estes gastos xa que os Concellos estamos asumindo unha grande cantidade de costes derivados da recollida selectiva de distintos tipos de residuos e o seu traslado a xestores autorizados para a súa reciclaxe, uns gastos que na situación económica actual resultan ás veces díficiles de asumir”
_____
Foto: Vista aérea da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).

*