miércoles, 12 de agosto de 2009

Atención ao corte da N-550 con motivo das festas

.
A diferencia da lexislatura anterior, a estrada nacional non estará interrompida de manera permanente durante as festas

O pago da O.R.A. queda suspendido durante o periodo festivo

A Gran Gala do luns traerá a Manu Tenorio, Manolo Escobar e La Década Prodigiosa

O Concello anuncia desvíos de tráfico na N-550 ao seu paso pola Alameda ordense entre o venres 14 de agosto (ás 15:00 horas) e o martes 18 de agosto (ás 8:00 horas) co gallo da celebración das Festas Patronais.

Uns desvíos que estarán convintemente sinalizados e que só afectarán ao tráfico durante as horas das actuacións e durante a correspondente montaxe dos palcos.

A Policía Local informa de que o tráfico procedente de Santiago pola N-550 desviarase pola rúa dos Lagartos ata a rúa Galicia, dende onde volverán enlazar coa N-550. Pola súa banda, os vehículos chegados dende A Coruña desviaranse pola rúa Rosalía de Castro ata a Rúa dos Lagartos e, de novo, á N-550.

A diferencia do que acontecía na lexislatura anterior, o Concello de Ordes non cortará a N-550 durante todas as festas e porá todos os medios para garantir a seguridade dos asistentes aos distintos concertos. De feito, naqueles momentos nos que non haxa actuacións ou non se estea coa montaxe dos palcos, os vehículos circularán pola N-550 sen ningún tipo de desvío. Deste xeito evítase, ademais, calquer risco na seguridade dos asistentes a estes concertos, pois sempre haberá un camiño de acceso rodado á alameda no caso de que fose preciso.

Unha eventualidade que antes non se tiña en conta convintemente, pois se instalaban dous palcos sobre a N-550, o que facía imposible o acceso de, por exemplo, un vehículo de emerxencias ou unha ambulancia.

Durante as festas, o Concello anuncia que non cobrará a O.R.A.

Paradas provisionais de autobús
O servizo de autobuses A Coruña-Santiago tampouco se verá suspendido aínda que as paradas mudarán de sitio. Asi, o servizo dirección Santiago terá parada en Alfonso Senra nº 120 (comercio Javier Alfonso), e a parada dirección A Coruña, en Alfonso Senra nº 137 (Bar Mira).

Cartel das festas
As festas patronais do Concello de Ordes inclúen as actuacións das orquestras Fania e Panorama (venres 14 de agosto); Bámbola e Olympus (sábado 15 de agosto); e Galilea e París de Noia (domingo 17 de agosto).

Para o luns 17 de agosto queda a Gran Gala Musical, que reunirá na alameda ordense a Manolo Escobar, Manu Tenorio, La Década Prodigiosa, a orquestra Suavecito e o grupo pop Lavorda.

Podes ver un vídeo de Manu Tenorio con Elsa Pataky facendo clic baixo estas liñas:



__

Foto: Manu Tenorio actuará dentro da Gran Gala Musical do luns 17 de agosto.

*