Regos: “Temos preparado un operativo para acoller ata 10.000 persoas por día”
O Concello de Ordes calcula que máis de 15.000 mozos e mozas de toda Galicia acudirán este venres e sábado ao festival Brincadeira 09, que este ano chega á súa terceira edición.
Para o sábado 9 de agosto, ás 20:00 horas actuarán o grupo Everything by the air, cos DJ Johnny Gestapo e Jimmy Watergate. A partires das 21:00 horas está programada unha “superfesta hortera”, coas actuacións de Boney M, Rumba Tarumba, Chico Trujillo, Kastomä e Virüs. “É un festival a nivel nacional, con grupos moi importantes para un concerto de entrada gratuita”, sinalou Felipe González, responsable de Iceberg Audiovisuais, empresa que xestiona este festival.
.
Podes ver unha actuación de Rumba Tarumba facendo clic baixo estas liñas:
Camping para máis de 500 tendas
Paralelamente ao festival terá lugar un certame de arte urbano, unha mostra de novas tendencias e un concurso de fotografía. A empresa xestora deste festival habilitou un terreo cedido polo Concello para camping, onde poderán instalarse máis de cincocentas tendas. Trátase dunha explanada ubicada a uns metros de onde terán lugar as actuacións. En caso de choiva, a acampada sería no pavillón do colexio Campomaior, mentres que unha gran carpa con capacidade para 15.000 persoas impedirá que os asistentes aos concertos se mollen.

Poder ver unha actuación de Boney M facendo clic baixo estas liñas:
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Temos preparado un operativo para acoller ata 10.000 persoas por día”
"Agardamos que o Festival Brincadeira sexa un punto de unión cultural e interxeneracional entre a xente de Ordes e todas aquelas persoas que decidan visitarnos durante estes días”
Podes ver unha actuación de Chico Trujillo facendo clic baixo estas liñas:
___
Foto: Presentación esta mañá do Festival Brincadeira 2009 co alcalde Manuel Regos e os responsables de Iceberg Audiovisuais.
*