O dúo de humoristas é famoso polas súas aparicións en Luar, de A Galega
A Alameda acollerá mañá mércores 12 de agosto, a partires das 21:30 horas, un espectáculo de humor a cargo das 'Cantareiras de Ardebullo', duo humorístico famoso polas súas aparicións no programa 'Luar' de A Galega. A entrada é de balde.
Os humoristas Marcos Pereiro e Xosé Toruiñán, e os seus 'alter ego' Mucha e Nucha, farán rir a gargalladas aos veciños e veciñas de Ordes coas súas ocorrencias, baseadas en moitas ocasións en complicidades co propio público asistente.
Seguimos informando do 'Verán Cultural' organizado polo Concello de Ordes.
Podes ver unha actuación do dúo facendo clic baixo estas liñas:
___
Foto: Mucha e Nucha cun fan moi especial, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
*