A xestión da auga e a reciclaxe centrarán as actividades coas que se pretende reunir máis de medio cento de rapaces
Será mañá mércores a partir das 10 da mañá na Alameda
O Concello organiza mañá mércores pola mañá dous obradoiros medioambientais inxeridos no programa “Ciencia Divertida”, que terán lugar na Alameda. “A auga: ónde vai, de ónde ven?” e “Xoguetes reciclados” reunirán a entre cincuenta e sesenta rapaces de 6 a 11 anos co obxectivo de traballar e mellorar a súa cultura da sostenibilidade.
Como se forman as nubes?
O primeiro destes obradoiros medioambientais comezará a partir das 10 horas e estará centrado na xestión da auga, o que lles permitirá aos rapaces comprobar os diferentes estados nos que se pode atopar a auga, así como demostrarlles que hai auga en moitos lugares onde non a vemos, como por exemplo, no aire. Os participantes no taller tamén poderán coñecer cómo se forman as nubes, para qué e por qué a choiva cae á terra, así como moitas outras curiosidades sobre este elemento imprescindible para a existencia de vida.