Recouso lanza una contrarréplica ao goberno polas festas patronais
"O que preocupa ao BNG non é o ben ou mal que saisen as festas, é o grande aumento do desemprego en Ordes"
O responsábel local do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, respostou ao comunicado lanzado polo goberno municipal sobre as festas acusando ao alcalde de Ordes de “estar máis preocupado polas festas que polo aumento do desemprego en Ordes”. O nacionalista afirma que "o que preocupa ao BNG non é o ben ou mal que saisen as festas, é o grande aumento do desemprego en Ordes, que pasou no último ano de 600 a case 1000 parados, que é máis do dobre do aumento experimentado no resto de concellos da comarca”.
Diante deste aumento do desemprego, Recouso lamentou que “o goberno estea máis preocupado en invertir diñeiro en festas, en lugar de invertir diñeiro en creación de emprego en Ordes”.
As frases de Ramiro Recouso, responsable local do BNG de Ordes
“Nun momento económico como o actual os recursos do Concello deberían ir destinados á creación de emprego e riqueza en Ordes, e deberían limitarse outros gastos como os destinados a festas”
“O que pretende o alcalde é ocultar a súa incapacidade para resolver os problemas económicos e laborais de 1.000 familias ordenses, practicando unha política populista de gastos en festas e outros dispendios”
“O alcalde debería perguntarlle a esas 1.000 familias ordenses que se atopan sen recursos que opinan da súa política de despilfarro e de gasto de diñeiro público en festas”
*