A concelleira do BNG asegura que "o goberno gastou un millón de euros nunha obra que non serviu para evitar os cortes da estrada N-550 durante as festas patronais"
A concelleira nacionalista de Barbeiros ven de acusar ao goberno municipal de “despilfarrar case un millón de euros na ampliación da alameda”, e que o diñeiro destinado a súa ampliación "non serviu para o obxectivo con que o anunciou o goberno, que era o de evitar os cortes da N-550 durante as festas patronais, ao ser imposible a instalación nese espazo dos palcos das orquestras”.
Para Raña, estes cartos "estarían mellor invertidos en actuacións que permitirían crear emprego en Ordes, como un viveiro de empresas ou a modernización da praza de abastos, ou mesmo en obras como a do local de ensaio para os grupos musicais ou o Centro de Día para os nosos maiores".

"O goberno municipal, coa súa improvisación, acaba de tirar un millón de euros dos veciños e veciñas de Ordes, para unha obra absolutamente inservible, e que incluso ten causado un perxuizo ao entorno da alameda e o parque, suprimindo un amplo espazo destinado a aparcamento”
“O BNG xa advertiu ao goberno de que o espazo da ampliación da alameda non ía servir para instalar os palcos das orquestras, e que o que había que facer era negociar co Ministerio de Fomento o corte da N-550 durante as festas, de xeito que se perxudicase o menos posíbel a circulación viaria”
*