Co fin de evitar que Leite Río-Leyma deixe de recoller os 60.000 litros diarios de leite ordense a partir do 1 de setembro
Instarán á Xunta a que medie no conflicto
Os representantes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes mantiveron esta mañá na oficina Agraria Comarcal de Ordes unha xuntanza cos membros dos consellos rectores das Cooperativas de Ordes e Berganiños co obxectivo de poñer en común a situación derivada da decisión de Leite Río-Leyma de deixar de recoller a producción á Cooperativa Láctea de Ordes.
.
A data clave: o 1 de setembroOs participantes concluíron na necesidade de solicitar unha xuntanza urxente co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ou co conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, co obxectivo de estudar posibles vías de negociación para que a empresa non faga efectivo o seu anuncio de deixar de recoller os preto de 60.000 litros diarios da cooperativa ordense a partir do 1 de setembro.
Dita situación traería consigo importantes perxuízos económicos non só a esta comarca en particular senón ao sector agrogandeiro, en xeral. A este respecto consensuaron a redacción de dúas cartas, solicitando ditas reunións á maior brevidade dada a data próxima na que se faría efectivo o final da relación comercial.
O obxectivo final é instar á Xunta a que medie na situación, evitando o seu deterioro e o conseguinte fracaso do acordo ao que chegaran produtores lácteos, industria e distribución para paliar a crise que vive o sector. Todos os asistentes coincidiron en amosar a súa profunda preocupación pola situación que xeraría esta decisión, que se podería trasladar a outras cooperativas e afectar gravemente ao tecido económico da comarca, profundamente vencellado a este sector.
A xuntanza estivo presidida por Jesús Miguel Prado e a ela asistiu o alcalde, Manuel Regos ademáis dos de Tordoia e Cerceda, así como os membros dos consellos rectores das Cooperativas de Ordes e Berganiños.
A xuntanza estivo presidida por Jesús Miguel Prado e a ela asistiu o alcalde, Manuel Regos ademáis dos de Tordoia e Cerceda, así como os membros dos consellos rectores das Cooperativas de Ordes e Berganiños.
*