jueves, 6 de agosto de 2009

Conta atrás para o Brincadeira 09

Comeza o preparativo para o festival do verán coa asistencia esperada de 15.000 mozos e mozas

Máis de 50 persoas velarán pola seguridade do evento

O Concello de Ordes porá en marcha mañá venres un dispositivo conformado por máis de cincuenta persoas (entre membros de Protección Civil, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Municipal) para velar pola seguridade dos asistentes ao Festival Brincadeira 09, que pretende reunir en Ordes a 15.000 mozos e mozas de toda Galicia este venres e sábado.

Mañá venres, 7 de agosto, a terceira edición do Festival Brincadeira abrirá as súas portas a partires das 20:00 horas, coa música do DJ “O Americano” baixo unha gran carpa instalada no Campo da Feria de Ordes e con capacidade ata para 15.000 persoas. A partires das 21:00 horas, será o turno dos grupos La Pulquería, Che Sudaka (que repite por segundo ano consecutivo), os locais Dios ke te Crew e Las Furias.

Puedes ver un vídeo de Dios ke te Crew haciendo clic bajo estas lineas:



Certame de arte urbano, concurso de fotografía e camping
Paralelamente ao festival terá lugar un certame de arte urbano, unha mostra de novas tendencias e un concurso de fotografía. A empresa xestora deste festival, Iceberg Audiovisuais, habilitou un terreo cedido polo Concello de Ordes para camping, onde poderán instalarse máis de cincocentas tendas. Trátase dunha explanada fronte ao centro de saúde de ordes e ubicada a uns metros de onde terán lugar as actuacións. En caso de choiva, a acampada sería no pavillón do colexio Campomaior.

Puedes ver un video de los preparativos del Festival Brincadeira 09:




Festa da malla en Ardemil
Tamén nsta fin de semana, a Asociación Cultural Castro da Croa, en colaboración co Concello de Ordes, organiza esta fin de semana a xa tradicional Malla de Ardemil, que se celebrará no lugar de O Castro. Unha festa que terá o seu punto álxido coa malla o sábado 8 de agosto, a partires das 12:00 horas, toda vez que o pasado 25 de xullo xa se realizou a tradicional sega do trigo.

Así, mañá venres 7 de agosto haberá en Ardemil unha degustación gratuita de panceta. A malla terá lugar o sábado 8 de agosto, a partires das 12:00 horas. Paralelamente haberá unha feira de antigüidades, que inclúe unha concentración de tractores novos e unha exposición de coches antigos, motos, motores antigos de mallas (a gasolina e diésel), mobles, etc.

Xa pola tarde, a partires das 18:00 horas, terá lugar unha competición de tiro da corda. A xornada pecharase coa actuación do Dúo Tajú. Para a xornada do domingo 8 de agosto quedará unha concentración de tractores antigos.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Temos preparado un operativo para acoller ata 10.000 persoas por día, que disporán de ampla zona de acampada e de persoal que os informarán dos distintos lugares de aparcamento habilitados”

*