viernes, 14 de agosto de 2009

Hoxe comezan as festas coas osquestras Fania e Panorama

.
Mañá habera fogos de artificio e partido de fútbol contra a S.D. Compostela

Ordes acollerá mañá sábado 15 de agosto, a partires das 0:00 horas, a tradicional gran tirada de fogos de artificio incluida dentro das Festas Patronais 2009. Unha sesión que este ano estará protagonizada pola empresa Artefogo e que terá unha duración aproximada de 26 minutos.

Xa antes, concretamente dende as 22:00 horas, as orquestras Bámbola e Olympus encargaranse de poñer a nota musical cun concerto na Alameda. Unhas actuacións que se reanudarán despois da tirada de fogos de artificio e que durarán ata ben pasadas as tres da madrugada. Previamente, durante a mañá, a Banda de Música de Negreira e a orquestra Bámbola ofrecerán a tradicional sesión vermú, a iso das dúas da tarde. Unhas actuacións que terán lugar na Alameda.

Axenda de fin de semana de festas
Venres 14. Comezo das festas. Osquestras Fania e Panorama (Alameda, 22 h.)

Sábado 15. Fútbol S.D. Compostela - S.D. Club Ordenes (Vista Alegre, 19.30 h.); Osquestras Bámbola e Olympus (Alameda, 22 h.); Fogos de artificio (00.00 horas).

Domingo 16. Día do Emigrante. Sesión vermú (Alameda, 14 h.); Oquestras Galilea e París de Noia (Alameda, 22 h.).

Luns 17. Osquestra Suavecito; Manolo Escobar + Manu Tenorio + La Década Prodigiosa + Lavorda. Peche das festas.

______

Foto: Irene e Alexandre, da Osquestra Panorama.

*