viernes, 28 de agosto de 2009

Raña: "Que o goberno municipal deixe de apoiar a errónea política medioambiental que está a desenvolver o PP desde a Xunta"

.
O BNG de Ordes critica "a defensa de Sogama en lugar de defender aos veciños"

Os nacionalistas afirman que os veciños verán incrementado o seu recibo pola recollida de lixo ao asumir o Concello a retirada de residuos voluminosos

"Os veciños de Ordes están a sufrir moitos perxuizos derivados da existencia da planta de Sogama sen obter ningún beneficio a cambio"

Diante da posición feita pública polo goberno municipal de Ordes con respecto ao anuncio de Sogama polo que se comunica que a partires do 1 de setembro cesará a recepción de residuos voluminosos dos concellos adheridos, a concelleira do BNG de Ordes, María Xosé Raña, manifestou que “lamentamos que o goberno de Ordes teña decidido non sumarse á moción presentada polo BNG na que se propón instar á Xunta de Galiza e a Sogama ao mantemento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos municipios adheridos, adaptándoa á normativa vixente ou, no seu defecto, a que aporten unha solución alternativa e viábel, que non supoña un incremento do recibo do lixo dos concellos afectados”.

As frases de María Xosé Raña, concelleira do BNG de Ordes
“O goberno municipal de Ordes se ten convertido coa súa actitude en avogado defensor de Sogama, en lugar de defender os intereses dos veciños de Ordes, ao renunciar a reclamar que se sigan recollendo os residuos voluminosos de Ordes, como si están facendo moitos concellos”

“Vai ocasionar que teña que ser o Concello quen costee a recollida e tratamento dos residuos voluminosos, o que provocará que os veciños de Ordes vexan incrementado sustanciosamente o seu recibo pola taxa de recollida do lixo

“A preocupación do BNG polo feito de que o goberno municipal ainda non teña solucionado o tratamento destes residuos, cando só faltan tres días para que finalice o prazo dado por Sogama, o que vai provocar que se acumulen nun vertedoiro, causando un evidente perxuizo medioambiental

"Emplazo ao goberno municipal a que rectifique a súa actitude e deixe de apoiar a errónea política medioambiental que está a desenvolver o PP desde a Xunta e desde Sogama, e comeze a defender os intereses dos veciños de Ordes, que están a sufrir moitos perxuizos derivados da existencia da planta de Sogama, sen obter ningún beneficio a cambio”


*