A concellería de Medio Ambiente do edil socialista pecha un semestre de éxito no fomento da reciclaxe entre os ordenses
Recolléronse 1.330 quilos de aceite usado e 25 quilos de aparellos de telefonía nos dous programas postos en marcha este ano
Pedreira: "Por cada tonelada de papel que reciclan os nosos veciños estamos salvando 17 árbores"
Segundo cálculos do Concello, no primeiro semestre de 2009 se reciclaron máis de 250.000 quilos de residuos no municipio (entre papel, envases de plástico e residuos xestionados no punto limpo), o que supón un crecemento de máis do 40% con respecto ao mesmo periodo de 2007.
Éxito do programa de recollida de aceite usado, plásticos e telefonía móbil
Entre estas iniciativas, destaca a boa aceptación que están a ter os programas de recollida de aceite usado, de plásticos agrícolas e de residuos de equipos de telefonía móbil. Así, o programa de recollida de aceite de cociña usado, posto en marcha o pasado mes de novembro de 2008, leva xestionados un total de 1.775 quilos deste residuo (1.330 correspondentes ao primeiro semestre deste ano).
Dos seis depósitos dispostos polo Concello de Ordes no casco urbán, o máis activo é o situado na rúa Alfonso Senra (con 300 quilos de aceite recollidos) e que duplica ao instalado na rúa do Muiño (o que menos ten recollido con 140 quilos).
Por outra banda, o Concello recolleu 25 quilos de residuos de teléfonos móbiles, equipos e accesorios de telefonía e comunicacións grazas aos distintos contedores facilitados pola Fundación Tragamóvil, con que o Concello de Ordes asinou un convenio de colaboración o pasado mes de decembro de 2008. Unha recollida que non só se realizou nas oficinas municipais, senón tamén nos distintos centros escolares do municipio.
Para mellorar a recollida selectiva deste tipo de aparellos, o Concello de Ordes foi o primeiro municipio de Galicia en adherirse, en marzo de 2009, ao Convenio Marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (denominados RAEEs). Un convenio que establece os mecanismos para levar a cabo unha xestión axeitada de aparellos coma lavadoras, frigoríficos, televisións, etc.
Así mesmo, o novo programa de recollida de plásticos agrícolas posto en marcha polo Concello de Ordes permitíu a reciclaxe de 3.060 quilos deste tipo de refugallo no que levamos de 2009.
Un 68% máis de recollida no punto limpo
Outro apartado no que ten medrado espectacularmente a recollida selectiva é nos residuos xestionados no punto limpo de Ordes. Así, no que vai de ano lévanse xestionados 45.505 quilos máis con respecto ao 2008, 51.910 quilos máis se a comparación a facemos con 2007 (un 67,9% de incremento). Ademais da xa mencionada recollida de plásticos agrícolas, destaca tamén o incremento na recollida de escombros (62.910 quilos, 22.000 máis que en 2008) e misturas de residuos municipais (59.340 quilos, 20.000 máis ca en 2008).
Pola contra, apréciase unha reducción na recollida de metais (pasouse dos 175 metros cúbicos recollidos no primeiro semestre de 2007 aos 50 m3 de 2009) e de neumáticos, xa que pasamos de 2.960 unidades recollidas en 2008 ás 1.080 recollidas nestre primeiro semestre de 2009.
Recollida selectiva de residuos
Por último, tamén é moi significativo o incremento rexistrado na recollida selectiva dos residuos que se producen no municipio, e que deu pé a unha campaña de publicidade por todo o municipio iniciada a mediados de 2008. Unha campaña na que se lle achegou aos veciños e veciñas información sobre a recollida de residuos no municipio para promover unha axeitada clasificación dos mesmos en orixe.
Pola contra, apréciase unha reducción na recollida de metais (pasouse dos 175 metros cúbicos recollidos no primeiro semestre de 2007 aos 50 m3 de 2009) e de neumáticos, xa que pasamos de 2.960 unidades recollidas en 2008 ás 1.080 recollidas nestre primeiro semestre de 2009.
Recollida selectiva de residuos
Por último, tamén é moi significativo o incremento rexistrado na recollida selectiva dos residuos que se producen no municipio, e que deu pé a unha campaña de publicidade por todo o municipio iniciada a mediados de 2008. Unha campaña na que se lle achegou aos veciños e veciñas información sobre a recollida de residuos no municipio para promover unha axeitada clasificación dos mesmos en orixe.
De feito, a recollida selectiva de envases non deixou de medrar dende o ano 2006. Así, no primeiro semestre de 2009 recolléronse 87,36 toneladas de envases de plástico a través do contedor amarelo. É dicir, un 21,5% máis que no primeiro semestre de 2006. Máis importante foi o incremento na recollida selectiva de papel-cartón, que creceu máis dun 38% con respecto ao 2006. Así, no primeiro semestre de 2009 recolléronse 31,18 toneladas de papel e cartón no municipio, onde se levan recollidas máis de 132 toneladas nos últimos cinco anos.
Todas estas iniciativas postas en marcha ao abeiro do programa Ordes recicla da concellería do socialista Xesús Pedreira, supuxeron un descenso do número de toneladas de residuos orgánicos tratados no municipio. Así, se no primeiro semestre de 2008 se recolleran máis de dúas toneladas de residuos, no que vai de 2009 esta cifra é de 1.794 quilos.
Unha situación que quedou exemplificada no programa de compostaxe doméstica posto en marcha polo Concello de Ordes en 2008 e no que participaron 50 familias do municipio. Segundo datos da Universidade da Coruña, estas familias evidenciaron unha progresiva diminución da presenza de residuos orgánicos no contedor convencional, pasando dun 58,4% ao inicio da experiencia ao 21,58% seis meses despois.
.
.
As frases de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente
"Este crecemento demostra o éxito das distintas iniciativas de fomento da reciclaxe que puxemos en marcha nestes dous anos e que unificamos a través do programa Ordes Recicla"
“Grazas á colaboración dos nosos veciños, por cada litro de aceite usado que xestionamos evitamos lanzar 1,32 quilos de CO2 á atmosfera e impedimos que se contaminen, en total, case dous millóns de litros de auga”
"Dámoslle unha solución aos plásticos de ensilado e de invernadoiro, que ata o de agora non seguían ningunha liña de xestión, e así, unha vez finalizada a vida útil destes plásticos, recíclanse e serven como materia prima para a fabricación de novos produtos plásticos como, por exemplo, bolsas de lixo”
"Por cada tonelada de papel que reciclan os nosos veciños estamos salvando 17 árbores”
______
Foto: Inauguración dos contenedores de recollida de aceite de cociña usado, en noviembre de 2008.
*