viernes, 21 de agosto de 2009

Recouso considera "insuficiente" a achega de 138.000 euros para a Praza de Abastos

.
Recouso: "De nada val calquera tipo de inversión si non vai acompañado dunha reforma do regulamento de funcionamento e un plano de dinamización que facilite a ocupación do 75% dos postos que están baleiros"

O concelleiro do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, considera que a inversión de 138.000 euros no proxecto de mellora da Praza de Abastos "é insuficiente para facer do recinto un lugar atractivo, tanto para os comerciantes como para os consumidores".

A xuízo do edil, a simple construción dunha rampla de aceso para discapacitados e a instalación dun ascensor, son "totalmente insuficientes" para relanzar a actividade comercial da Praza, "xa que as instalacións están moi deterioradas pola falta de mantemento á que foi sometida ao longo dos anos polos diversos gobernos nos que participou o actual alcalde de Ordes".

A frase de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes
"De nada val calquera tipo de inversión si non vai acompañado dunha reforma do regulamento de funcionamento e un plano de dinamización que facilite a ocupación do 75% dos postos que están baleiros desde hai moitos anos polas trabas que sempre se lle puxo polos gobernos do señor Regos"


*