Castro: "Debemos trasladar o apoio unánime da corporación municipal á Cooperativa Láctea de Ordes"
Con motivo da decisión de Leite Río-Leyma de deixar de recoller leite á Cooperativa láctea de Ordes de xeito unilateral, o portavoz municipal do BNG ordense, Gonzalo Castro, ven de solicitar ao goberno municipal a convocatoria urxente dun pleno extraordinario "para tratar a situación do sector lácteo e trasladar o apoio unánime da corporación municipal á Cooperativa Láctea de Ordes”.
Segundo informan os nacionalistas este non é un problema novo, xa que na pasada lexislatura producíranse as mesmas ameazas de non recollida do leite contra a Cooperativa de Ordes, que foran resoltas grazas as xestións realizadas pola anterior Consellería do Medio Rural.
Reclaman a intervención "con celeridade e eficacia" da Xunta de Galicia
O BNG ordense agarda que o resto de grupos da corporación municipal "apoie a iniciativa e a proposta de acordo do BNG, para así darlle traslado do acordo á Xunta de Galicia, agardando que o goberno galego actual actúe coa mesma celeridade e eficacia que o fixo o anterior goberno da Xunta, defendendo aos productores de leite, e non só ás grandes empresas".

A frase de Gonzalo Castro, protavoz municipal do BNG de Ordes
"É moi importante que a corporación municipal inste a Xunta de Galiza a adoptar as medidas que garantan a recollida de leite a Cooperativa de Ordes”
*