lunes, 10 de agosto de 2009

Mañá, tango e fado na Alameda


Trátase dun concerto gratuito, de hora e media de duración, que fusiona o tango arxentino co fado portugués

A solista Montserrat Alonso porá a voz ao espectáculo, con Juan Carlos Cambás ao piano e coa parella Carina Lucca e Leo Mosqueda bailando tangos e milongas

A Alameda acollerá mañá martes 11 de agosto, ás 22:30 horas, un dos pratos fortes do 'Verán Cultural' programado polo Concello: o espectáculo 'Tango and Fado', que fusiona o tango arxentino co fado portugués, dous estilos internacionalmente recoñecidos pero con bases rítmicas e temáticas similares. Un espectáculo obra do pianista, arreglista e produtor arxentino Juan Carlos Cambas, residente en Galicia dende abril de 1992.

Podes ver unha actuación do dúo en Ourense o pasado 17 de xullo facendo clic baixo estas liñas:



Tangos e fados tradicionais
'Tango and Fado” presentará aos veciños e veciñas de ordes un concerto que mistura estes dous estilos de música, aos que se encargará de poñer voz Montserrat Alonso. A súa potente voz lírica e popular permitiralle cantar dende tangos tradicionais ('El día que me quieras' ou 'Mi Buenos Aires querido') a clásicos do fado como 'Estranha forma de vida' ou 'Lágrima, de Amalia Rodrigues.

Teatro do IES Maruxa Mallo
Unha hora antes, o grupo de teatro conformado polos alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes representará a obra 'Sen Palabras'. Será na mesma Alameda ás 21:30 horas, xusto antes do 'Tango and fado'.
*