sábado, 22 de agosto de 2009

O luns empeza a construción da nova illa ecolóxica de Parada

.
Este tipo de contedores de reciclaxe xa existen en sete parroquias de Ordes

Pedreira: "O noso obxectivo é dotar a todas as parroquias da nosa vila con estas illas ecolóxicas"

A partir deste luns, 24 de agosto, a parroquia de Parada estará máis cerca de contar cun novo servizo de recollida selectiva de lixo. A denominada 'illa verde', unhas instalacións conformadas por contedores para a recollida de papel, vidro, envases lixeiros e residuos orgánicos comezará a funcionar a vindeira semana co obxectivo de seguir traballando para concienciar á poboación da necesidade de separar e reciclar os resíduos xerados. Coa súa posta en marcha en Parada iníciase a segunda fase do plan, inxerido no marco do programa 'Ordes Recicla', e que ten como obxectivo dotar a todas as parroquias deste sistema de recollida separada. A primeira fase do proxecto, iniciada no mes de febreiro, fixo posible que sete das parroquias ordenses conten xa con este servizo.

Pereira, Beán, Poulo, Barbeiros, Vilamaior, Buscás, Ardemil e Parada
Pereira, Beán, Poulo, Barbeiros, Vilamaior, Buscás, Ardemil
e agora Parada dispoñen destas 'illas verdes', todas elas ubicadas en lugares céntricos das distintas poboacións. Agora o obxectivo é continuar executando as obras necesarias para a instalacións destes servizos nas restantes parroquias ordenses.

As “illas verdes” están compostas por un contedor para a recollida de papel, outro para a recollida de vidro, un terceiro para a recollida de plásticos e envases lixeiros e dous contedores para a recollida de residuos orgánicos, dúas unidades que se unen ás xa existentes nas distintas parroquias ordenses.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O noso obxectivo é dotar a todas as parroquias da nosa vila con estas illas ecolóxicas, unha instalación que se irá facendo de xeito progresivo"

“O esforzo no proceso de recollida selectiva e reciclaxe ten que producirse tanto por parte dos cidadáns como das institucións e nese sentido cremos que o Concello debe traballar para levar este servizo ao rural, ofrecéndolle aos seus veciños os instrumentos para que o queira separar e reciclar o poida facer de xeito cómodo e doado”
_____

Foto: Inauguración da 'illa verde' de Beán o pasado 18 de febreiro.


*