O concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, amosa o funcionamento do contedor de aceite usado da avenida de Alfonso Senra en presencia do alcalde e dun grupo de concelleiros ordenses (Arquivo). |
Xa levamos recollidos máis de 5.800 kilos deste resíduo tan contaminante
Podes atopar os contedores na avenida de Alfonso Senra, no Recreo e nas rúas da Feira, Pascual Veiga e Muíño
O sistema de recollida de aceite doméstico que o Concello de Ordes ten implantado nas súas rúas desperta o interese duns estudiantes de Bioloxía da Universidade da Coruña. Seis estudantes de Bioloxía da Universidade de A Coruña contactaron co Concello de Ordes para recabar toda a información necesaria sobre este sistema de recollida selectiva que o consistorio ordense implantou o pasado ano 2008 nas súas rúas.
Os estudiantes están levando a cabo un proxecto de investigación sobre a recollida e xestión de graxas domésticas no que por medio do blogue Medioambiente virgen extra documentan todo o proceso de investigación que levarán a cabo nos próximos meses.
Dende que o sistema de recollida de aceite doméstico se puxera en marcha o pasado ano 2008, na vila ordense lévanse xestionados máis de 5.800 kilos deste residuo o que conleva un beneficio ambiental de menos emisións de dióxido de carbono (CO2) á atmósfera e de menos litros de auga contaminada.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"É unha satisfacción saber da acollida que esta iniciativa está tendo tanto entre os nosos veciños e veciñas, verdadeiros responsables do seu éxito, como por parte dos estudiantes de Bioloxía que mostraron un grande interese polo noso proxecto, e a iniciativa lles serviu como exemplo de boas prácticas”
*