sábado, 19 de marzo de 2011

Hoxe e mañán, o Mesón do Vento vive a súa Festa do Lacón con Grelos

Exposición de gando da Festa do Lacón con Grelos da edición do ano 2010.
Haberá doce parellas de bois, gando das razas cachena e limousin, ademais de cabalos de pura raza galega, exemplares da galiña de Mos, can de palleiro e degustación gratuíta de lacón con grelos

Regos: "Animamos a veciños e visitantes a que se acheguen ao Mesón do Vento para disfrutar desta festa tan significativa no noso concello"

O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar hoxe e mañá a XIII Festa do Lacón con Grelos en Mesón do Vento. Unha fin de semana na que terá a exposición de gando como unha das grandes protagonistas no recinto feiral.

Gando, cabalos, cans e galiñas
Serán preto dunha decena de gandeirías de toda a provincia as que mostrarán os seus exemplares nesta feira, que vai xa pola súa decimo terceira edición, e que se ten convertido en todo un referente na comarca. En total haberá arredor de 60 cabezas de gando vacún, coa particularidade de contar coa presenza de doce parellas de bois. A isto sumaranse ademais exemplares de vacas da raza cachena e da raza limousin, así como cabalos de pura raza galega, cans de palleiro e galiñas de Mos.

*