A concellería de Medio Ambiente do Concello xa traballa nunha campaña de aforro de auga
O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente, está a organizar varias propostas para celebrar o Día Mundial da Auga, o vindeiro martes 22 de marzo.
Este ano este departamento decidiu traballar nunha campaña de aforro de auga elaborando un "Calendario de Aforro" que pretende sensibilizar á comunidade escolar ó tempo que se implica ós pais nos seus fogares, sobre a riqueza natural e cultural do auga e da necesidade da súa conservación. O calendario consiste nuha plantilla que recolle unha serie de hábitos negativos e positivos con respecto ao uso do auga .
A idea é facilitarlle tantos calendarios como soliciten os centros de ensino da vila en función dos alumnos que queiran participar para que, unha vez nas súas casas, impliquen aos seus pais e sinalen durante unha semana, ao cabo do día, qué tipo de boas e malas prácticas sinaladas na plantilla levaron a cabo nos seus fogares. Unha vez rematada a semana e entregadas cumplimentadas as plantillas, poderase valorar a puntuación obtida, resultado de sumar os hábitos positivos e restar os negativos, e así comprobar o nivel de concienciación e sensibilización que existe respecto á conservación e uso racional deste recurso.
Os centros participantes recibirán un CD do videoxogo "Os Sostibles, a aventura da auga" , facilitado por Augas de Galicia, que dun xeito educativo e interactivo fomenta o respecto pola natureza e o medio ambiente.
Outra das actividades que se ten previsto para este día é a visita de 38 alumnos e 4 profesores do CEIP Cardenal Quiroga de Santiago de Compostela que percorrerán parte do Roteiro do Río Mercurín acompañados do persoal deste departamento.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
“Con esta campaña pretendemos invitar á reflexión sobre o consumo que da auga facemos, así como de insistir nas medidas de aforro co fin de conseguir realizar un uso responsable dun ben escaso como é a auga”
"Con pequenos esforzos pódense acadar grandes resultados"
*