miércoles, 9 de marzo de 2011

Festa xuvenil 'popular' este sábado no Mesón do Vento

O Partido Popular fai un chamamento á mocidade ordense para participar xunta deles no pub Junquito

O Partido Popular de Ordes celebrará o próximo venres 11 de marzo, unha festa xuvenil de Entroido na que o seu candidato á alcaldía, José Luis Martínez Sanjurjo, recolla propostas que serán incorporadas ao seu programa de Goberno.

Logo de celebrar un 'cocido solidario' a favor de Cáritas o pasado 26 de febreiro, os populares ordenses continúan organizando actividades encamiñadas a conseguir proxección social, pero tamén para recoller suxestións, como aconteceu coa quenda de reunións veciñais organizadas en cada unha das diferentes parroquias do municipio.

No pub Junquito a partires das 21:00 horas
A Festa Xuvenil do PP de Ordes celebrarase no pub Junquito, situado no Mesón do Vento, a partires das 21:00 horas do venres 11 de marzo.
*