Os Mamma Mía de Poulo, gañadores dos concursos de disfraces en Frades e en Oroso. |
Na categoría infantil tamén gañaron os ordenses 'O mundo dos nomos'
Máis de cincocentas persoas ateigaron a discoteca Kull de Pontecarreira para asistiren á gran Festa de Entroido e Concurso de Disfraces organizados polo Concello de Frades, e que tivo lugar durante máis de cinco horas da tarde/noite deste domingo. Se rexistraron 32 participantes (cinco máis ca na edición anterior) pero onde foi especialmente significativo foi na gran afluencia, pois dos 300 veciños de 2010 pasouse a máis de 500 este ano.
Os grandes gañadores da noite foi a comparsa “Musical Mamma Mía”, integrada por unha trintena de veciños e veciñas de Poulo. Esta comparsa, que viña de vencer no día anterior no Concurso de Disfraces de Oroso, realizou unha divertida coreografía ao son das cancións máis famosas da banda ABBA, pola que levaron un premio de 300 euros. O segundo premio foi para unha comparsa de Frades, “Control de alcoholemia”, que realizou unha divertida parodia das novas leis de Tráfico ao ritmo dunha canción popularizada no programa Land Róber. Levaron 150 euros.
Momento da actuación gañadora cunha discoteca Kull de Pontecarreira a reventar de xente. |
Categoría infantil para os nomos
Na categoría infantil, o grupo gañador foi “O mundo dos nomos”, comparsa de Ordes que coa súa coreografía ao son da música da serie infantil “David, o nomo” mellorou o segundo posto conseguido a noite anterior en Oroso.
Os premios foron entregados polo alcalde de Frades, Miguel Prado; o concelleiro de Festas, Manuel Ferreiro; e a presidenta da Asociación de Veciños de Gafoi, María Villar.
Unha vez rematada a entrega de premios, repartiron tamén lambonadas entre todos os cativos presentes na sala, onde tivo lugar unha gran festa de animación con paiasos e cunha gran chocolatada gratuita para todos.
*