Terá lugar a partir das 20:30 horas no local social de Buscás
O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Rural celebrará mañá xoves 10 de marzo a última das charlas sobre repoboacións forestais que se celebraron nas diferentes parroquias do municipio en colaboración con Unións Agrarias- UPA .
Estas charlas teñen como obxetivos dar a coñecer as especies forestais máis importantes e os seus ciclos productivos, cómo preparar o terreo para a repoboación e sementar e plantar árbores correctamente así como, dar a coñecer os distintos métodos de repoboación forestal e as épocas específicas para a súa realización, rendementos económicos e trámites administrativos a levar a cabo.
Especies arbóreas para a repoboación forestal
As charlas levan por título Especies arbóreas para a repoboación forestal e xa se celebraron dende o pasado mes de febreiro en Mesón do Vento, Vilamaior, Beán e Mercurín dando agora paso a Buscás.
A charla de mañá en Buscás terá lugar a partir das 20:30 horas no local social da parroquia.
*