A entidade supramunicipal pon en marcha unha campaña baixo o lema 'O traballo en igualdade benefícianos a todos'
A iniciativa do Centro de Información á Muller completarase en xuño coa exposición “Elas ensinan”, da Secretaría Xeral de Igualdade
Exposición itinerante 'Elas ensinan'
Así mesmo, a Mancomunidade de Ordes tamén conseguíu o compromiso da Secretaría Xeral de Igualdade para que a exposición itinerante “Elas ensinan” poida facer unha parada na comarca.
Esta mostra recolle paneis sobre a vida e o traballo de 18 mestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, ás que serviron de modelo profesional e vital. Uns paneis que falan do papel transformador da sociedade que xogaron estas mullleres e a fonda pegada que o seu traballo deixou en todos nós.
Canda eses paneis, a exposición complétase co acceso a unha base de datos onde se recollen as biografías de moitas mulleres mestras. Deste xeito, os veciños e veciñas da comarca de Ordes poderán á información sobre as mestras que desenvolveron a súa actividade nesa comarca.
A frase de Nazaret González, directora do CIM da comarca de Ordes
“Esta mostra é unha homenaxe ás mulleres educadoras, ás mestras galegas dos séculos XIX e XX, como pioneiras da incorporación das mulleres ao mercado laboral. Terémola en Ordes do 10 ao 23 de xuño”
*