sábado, 12 de marzo de 2011

'Son de chafarís' repite candidatura a mellor programa de radio municipal en España

Raquel Ríos e David Fernández, creadores e conductores de 'Son de Chafarís' de Radio Ordes.
Son concedidos pola Deputación de Barcelona e coñeceremos o fallo do xurado o vindeiro 25 de marzo

O programa de Radio Ordes 'Son de Chafarís' (107.3 FM), conducido por Raquel RíosDavid Fernández terá unha nova oportunidade de converterse no mellor programa de radio municipal de España, a lo menos para o xurado da 30 edición dos Premios de Comunicación Local da Deputación de Barcelona. Nunha gala que terá lugar o vindeiro 25 de marzo na localidade de Terrassa, os 'chafarís' ordenses deberán impoñerse na votación do Premio Deputación aos programas '7 dies', de Aldaia Ràdio (Valencia), Viareventos e 'Arredor de nós', ambos de Radiodifusión de Emuga, Galicia), e 'Desde fuera del armario', de Onda Andalucía.

Haberá novos programas a finais deste mes
Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes amosou esta mañá a súa satisfacción por esta nova nominación que ven a confirmar a gran calidade deste programa radiofónico cultural. O xornalista confía que nesta ocasión poida haber máis sorte para 'Son de Chafarís' e poidan traer para Ordes o galardón. Pese a que dende mediados de decembro a realización do programa está suspendido por mor dos compromisos académicos de Raquel e David, Quinteiro confirma que a nova programación de 'Son de Chafarís' será retomada a finais deste mesmo mes de marzo.

*