martes, 29 de marzo de 2011
Agradable camiñata dun grupo de socialistas polo roteiro de San Paio-Outeiro
Pedreira: "Non temos que esquecer do bonita que é a nosa terra e que debemos coidala"
Un grupo de afiliados, simpatizantes e amigos do PSdeG-PSOE de Ordes realizou este domingo o roteiro de San Paio-Outeiro, un sendeiro de 8,5 quilómetros polas parroquias de Buscás e Poulo. A pesar do mal tempo, os sendeiristas disfrutaron moito das dúas horas de paseo por este roteiro ordense, que coincide nalgún tramo co Camiño Inglés.
“Non todo ten que ser política nestas datas”, indica o secretario xeral do PsdeG-PSOE de Ordes, Xesús Pedreira, “non nos temos que esquencer do bonita que é a nosa terra e que debemos coidala e promocionala”. O roteiro de San Paio-Outeiro é o segundo que se pon en marcha en Ordes, canda o roteiro do río Mercurín.
Fermosa ruta rural
A expedición socialista partíu do entorno da casa rural Dona María e pasou pola igrexa románica de San Paio de Buscás, dende onde se dirixiu ata o muiño de auga de Trabe. Aló conectaron co sendeiro adoquinado do Camiño Inglés e cruzaron a ponte do Cubo, dende onde continuaron ata Outeiro de Abaixo. Os sendeiristas tamén visitaron a igrexa de San Xiao de Poulo (Outeiro de Arriba), un templo románico ao que se chega a través dun fermoso carreiro entre árbores. Dúas horas despois, e tras pasar diante da casa rural Antón Veiras e por Pardiñas, os camiñantes chegaron ao seu punto de partida en Buscás.
*
Protagonistas:
Xesús Pedreira