domingo, 20 de marzo de 2011

Ana Álvarez: "Se queredes cambiar Ordes, fagámolo entre todos"

De esq. a der. Adolfo Reymóndez, presidente de Cidadáns de Galicia (CideGa), Ana Álvarez, candidata de CideGa á alcaldía de Ordes, e Xesús Pampín.
A empresaria fixo pública a súa candidatura como alcaldesa de Ordes nun repleto restaurante El Túnel

O seu obxectivo é poñer a Ordes na senda do crecemento, do benestar social e do emprego

Dende o pasado venres, a empresaria ordense e ex concelleira socialista Ana María Álvarez xa é a candidata oficial de Cidadáns de Galicia (CideGa) á alcaldía de Ordes. Ante uns 500 veciños reunidos no restaurante El Túnel segundo cálculos de CideGa, a candidata expuso as liñas mestres dun programa electoral baseado no compromiso do seu partido coa cidadanía ordense, coa súa identidade e independencia e cun trato directo entre os representantes políticos e os veciños.

Álvarez estivo acompañada polo presidente do seu partido, o médico do centro de saúde de Ordes, Adolfo Reymóndez, e polo economista e tamén ex concelleiro socialista Xesús Pampín. Ambos tamén interviron con palabras de esforzo e entrega por poner a Ordes no senda do crecemento, do benestar social, do emprego e da recuperación económica.

Segundo CideGa, foron en torno ás 500 persoas quenes se achegaron ao salón de actos de El Túnel para coñecer a candidatura de Ana María Álvarez á alcaldía de Ordes.
"Unha nova forma de traballar por Ordes"
En palabras de Álvarez, “Cidadáns de Galicia demostrará aos veciños de Ordes unha nova forma de traballar na que terán participación todas as asociacións e agrupacións do municipio, ademais de todos os estractos sociais, escoitando as necesidades e suxerencias de cada veciño de Ordes”.

Nunha sala que se quedou pequena para coñecer a nova candidatura, a empresaria emplazou aos veciños a que coa súa confianza e apoio, “fagan que de unha vez por todas, Ordes se convirta nun municipio que todos os veciños e veciñas esperan, un municipio no que vivir e traballar”.

A frase de Ana Alvarez , candidata de CideGa á alcaldía de Ordes
"Non queremos pedir o voso aplauso, senón a vosa confianza. O noso goberno só pode existir cosa vosa axuda. Si queredes cambiar Ordes fagámolo entre todos"

*