viernes, 11 de marzo de 2011

Todo listo para unha nova Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento


O sábado comparsas e disfraces con 1.500 euros en premios, e o domingo, concurso de gando e cabalar e degustación gratuita de laconada

Ambos días rematarán cunha gran verbena popular

O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar os vindeiros 19 e 20 de marzo unha nova edición da súa tradicional Festa do Lacón con Grelos que terá lugar en Mesón do Vento.

O sábado 19 ás 10:00 horas terá lugar a apertura do recinto feiral con exposicións de gando e de maquinaria. A partir das 17:00 horas se celebrará o tradicional desfile de comparsas e concurso de disfraces no que se repartirán máis de 1.500 euros en premios entre as diferentes categorías tanto para adultos como para nenos. A partir das 20:00 horas se cerrará a xornada cunha gran verbena popular.


Gran laconada gratuíta
Xa o domingo 20, a gastronomía, e en particular, o lacón con grelos, será o protagonista cunha degustación gratuíta deste plato nos establecementos hosteleiros da zona. Ademais tamén haberá unha concentración moteira e a partir das 11:00 horas darán comenzo os concursos de gando e a concentración cabalar co concurso de estampa de Beleza Galega. Ás 12 horas seguiralle a proba de Andadura Federada Galega de 2 e 4 tempos, e xa pola tarde, ás 15:30 horas celebrarase a Carreira de Trotóns, ás 16: 30 a proba de trote libre e ás 17 horas a proba de arrastre con gando vacún.

A frase de Xosé Luis Gómez Candal, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións de Ordes
"Animo tanto a veciños como a visitantes a que participen un ano máis nesta festa, disfrutando así dunha fin de semana adicada ao gando e á gastronomía, téndose xa convertido esta feira nun referente dentro do sector"

*