domingo, 13 de marzo de 2011
O BNG organiza unha mesa redonda cos alcaldes nacionalistas de Arzúa, Carballo e Teo
Terá lugar o xoves 17 baixo o título de ‘Compromiso para transformar Ordes: experiencias de Goberno do BNG’
Unha mesa redonda organizada polo BNG de Ordes para o vindeiro xoves 17 de marzo amosará aos ordenses o modelo municipal nacionalista. Baixo o título de 'Compromiso para transformar Ordes: experiencias de Goberno do BNG, contará coa participación de Xaquín García, alcalde de Arzúa, Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Martiño Noriega, alcalde de Teo. Tamén contarán coa presenza da deputada Ana Pontón e de Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes.
O encontró terá lugar no restaurante El Túnel a partires das 21:00 horas.
As frases de Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes
“Neste acto daranse a coñecer as experiencias de goberno do BNG en tres concellos que posuen grandes similitudes co concello de Ordes, como son os concellos de Arzúa, Carballo e Teo, que están a ter grandes transformacións e avances da man de tres alcaldes nacionalistas que constituen unha referencia política e un modelo de xestión a seguir”
“Os veciños e veciñas de Ordes poderán comprobar coa experiencia dos gobernos do BNG nestes tres concellos, que outra forma de gobernar é posíbel, unha forma de gobernar que poñerá o concello de Ordes ao servizo de todos e todas, e que priorizará a creación de emprego e a reactivación económica”
*
Protagonistas:
Gonzalo Castro