martes, 29 de marzo de 2011

Unha mesa de expertos informará sobre o cancro de colon e recto

Será o 31 de marzo de 10:00 h a 13:00 h. no Centro de Saúde de Ordes

A Concellería de Sanidade do Concello de Ordes en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro e co Centro de Saúde de Ordes, organiza unha mesa informativa sobre a prevención primaria do Cancro de Colon e Recto o vindeiro 31 de marzo de 2011 con motivo do Día Mundial do Cancro de Colon e Recto.

Así, o vindeiro xoves estará dispoñible para todo o público que queira achegarse e obter información ao respecto, unha mesa informativa no Centro de Saúde de Ordes de 10.00 h a 13.00 h. O persoal encargado serán membros da Asociación Española contra o Cáncer de Ordes coordinados pola súa Presidenta, Emilia Vázquez Pardo.

Dieta, exercicio físico e alcol
Os principais factores de risco modificables do cáncer de colon e recto son a dieta, o exercicio físico e o consumo de alcol. Unha parte significativa (entre o 50 e o 70%) dos cancros de colon e recto poderianse previr cunha dieta rica en froitas e verduras, evitando ou moderando o consumo de bebidas alcohólicas e facendo exercicio físico regular. A detección precoz do cancro, mediante a proba de detección de sangue oculta en heces, realizada cada dous anos, é unha estratexia de eficacia demostrada para reducir a mortalidade por este cancro nun 17%.

Podes coñecer máis sobre o cancro de colon realizado polo programa 'Salud al día', de Telemadrid.



As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“A preocupación desta concellería dende o seu inicio, con programas como Ordes Saudable, é a de facilitar aos nosos veciños toda a información necesaria para previr todo tipo de enfermidades a través de hábitos de vida saudable"

"Consideramos fundamental levar a cabo actuacións de promoción da saúde que se dirixan directamente á alimentación, o consumo de alcohol, o exercicio físico ou o consumo de tabaco que terán impacto positivo, a medio e longo prazo, na prevención de enfermidades crónicas e de diversos tipos de cancro, incluído o cancro colorrectal"

*